Thursday 28 de March de 2024

Alternativa paraliza as concentracións ante Costas ante a convocatoria dunha reunión


Alternativa dos Veciños de Arteixo paralizou a súa concentración prevista desta mañá ante Costas para demandar a limpeza da Ría de Barrañán e solucións reais para praias afectadas polo cambio de correntes como consecuencia do Porto Exterior. Nas portas de Costas, os representantes de Alternativa recibiron unha chamada da secretaria do xefe da Demarcación citándoos para unha reunión.

Alternativa dos Veciños de Arteixo agardará ao resultado desta reunión antes de convocar novas mobilizacións. Alternativa reclama que se proceda a limpar a Ría de Barrañán e a buscar solucións reais para os areais afectados polo cambio de correntes como consecuencia do Porto Exterior.